


O día 9 de xuño
tivo lugar no IES Campo de San Alberto a primeira experiencia piloto dunha das
dimensións máis innovadoras de Climántica: Escolas Climántica de avós e netos. Esta
experiencia estivo coordinada polo docente do equipo Climántica José Fernández
Maneiro, profesor de ensinanza de adultos deste instituto.




Eduardo Galeano abordou o día 13 de maio de 2008 en Ourense os aspectos éticos das relacións inxustas norte - sur tan importantes na Educación Ambiental do século XXI e na sociedade do cambio climático.
Entre estes aspectos, destacou a nova Constitución de Ecuador, onde por primeira vez na historia da Humanidade se recoñecen os dereitos da Natureza e se nos sitúa como uns inquilinos entre outros moitos.
Na súa intervención destacou tamén as cuestións éticas relativas á emigración, e a oportunidade que se abre para a aventura de recoller o arco da vella na Terra referido á importancia da diversidade de razas.
Pódese ver a entrevista completa en Climántica TV.
![]() | Hoxe 22 de abril celébrase o Día Mundial da Terra, Climántica compartirá esta data co Claustro do CEIP Agra do Muiño. Os estudantes da asignatura Climántica de Cuarto Ciclo da USC celebrarán esta data en Coimbra con actividades desenvoltas por representantes da asociación da Unesco: Ano Internacional do Planeta Terra en Portugal. | ![]() |
CONVOCATORIA DA SEGUNDA EDICIÓN DOS PREMIOS CLIMÁNTICA POR TRABALLOS PRESENTADOS AO PRIMEIRO CONGRESO DE ESTUDANTES DE CLIMÁNTICA

Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convoca a SEGUNDA EDICIÓN dos Premios Climántica. Os segundos premios consisten nunha estancia de 5 días nun equipamento de Educación Ambiental de Galicia no que tamén se desenvolverán actividades deportivas e de lecer. Esta estancia levarase a cabo ao remate do curso 2007-2008 en dúas quendas diferentes: entre o 23 e o 27 de xuño para ESO e entre o 8 e o 12 de setembro para bacharelato e ciclos formativos. A diferenza dos Primeiros Premios Climántica celebrados en novembro de 2007, os segundos premios outorgaranse por traballos enviados para publicar no primeiro número da revista CLMNTK e que se presentarán no Primeiro Congreso de Estudantes Climántica
Establécense as seguintes categorías:
1.-Literatura: Redaccións, relatos reais e de ficción ou poesía cuxa temática xire sobre algún tema que se trate no proxecto.
1.1 Narrativa
1.2 Poesía
1.3 Comics
2.-Multimedia: Os formatos nos que se presenten deben responder ás seguintes características técnicas: resolución mínima 320 x 240. Formato de vídeo: mov, mp4, vob, dv, flv, avi, 3gp.
2.1 Curtos nos que se conte unha historia sobre a base dun guión. Pequenos vídeos (ver cómo facer unha película co teu móbil).
2.2 Presentacións
2.3 Entrevistas, representacións teatrais e cancións grabadas
3.-Artes plásticas:
3.1 Fotografía. Cada foto debe levar unha breve referencia do que autor/a quere comunicar con ela.
3.2 Debuxos
3.3 Pósters. Neste caso deberá facerse chegar o orixinal ao enderezo de contacto de Climántica.
Cada traballo que se envíe deberá ir acompañado da ficha de inscripción na que o autor/a ou autores (máximo 3 membros por grupo) describan o que desexan comunicar co traballo.
Os traballos remitiranse á seguinte dirección de correo electrónico concursos@climantica.org. O prazo de presentación de traballos vai desde a data de publicación desta convocatoria na web ate o 15 de maio do 2008.
Todos os traballos que cumpran os requisitos mínimos inseriranse na web na sección Concurso dentro do epígrafe de Centros. Todos os traballos que sexan incorporados á web de Climántica tamén se publicarán na revista dos estudantes de Climántica CLMNTK e serán premiados co envío dunha camiseta ou dun maillot do proxecto, para o que se fará constar no correo co que se remita o traballo a elección de camiseta ou maillot e a talla.
PODES PARTICIPAR TAMÉN NO CONGRESO DE AUTORES CLIMÁNTICA
Os traballos elexidos para publicar na revista dos estudantes de Climántica CLMNK presentaranse no I Congreso de estudantes de Climántica. Os premios serán comunicados neste PRIMEIRO CONGRESO DE AUTORES CLIMÁNTICA que se celebrará en Santiago o 21 de xuño do 2008 no Pazo de Congresos de Galicia.
Outorgaranse 10 premios por cada categoría para alumnado de ESO (un total de 30 premios para a quenda de xuño) e outros tantos para bacharelato e ciclos de grao medio e superior (un total de 30 premios para a quenda de setembro). Se os traballos dunha categoría non reúnen os requisitos mínimos de calidade para ocupar os 10 premios desa categoría, poderá incrementarse o número de premios das restantes categorías si estes reunen suficiente calidade. Os premios poderán declararse premios desertos, sempre que o xurado considere que non hai suficientes traballos de calidade para cubrir os 30 premios de ESO ou os 30 de bacharelato e ciclos formativos.
Os criterios que se seguirán para avaliar os traballos serán:PODES TER APOIO TÉCNICO
Se tes dificultades co teu proxecto podes recibir apoio técnico enviando un correo electrónico concursos@climantica.org


O sábado 8 de marzo desenvolveuse a terceira xornada do curso na que os profesores Susana Vázquez e Jesús Teira desenvolveron o módulo III relativo á administración de blogues de aula. Na última hora da xornada abordouse a avaliación de ideas sobre o cambio climático mediante técnicas libres a partires da conferencia impartida polo profesor de Educación Ambiental da facultade de Educación da USC, Pablo Meira. A maioría dos exemplos que expuxo, foron traballos dos estudantes do profesorado asistente, desenvoltos dentro do marco de investigación - acción da parte de aplicación na aula do contido do curso. O contido desta conferencia titulada “Análise de representacións sociais do cambio climático mediante técnicas abertas (da cultura científica á cultura común)” queda á disposición do profesorado no apartado Recursos e pode visualizarse a súa exposición no apartado Climántica TV
Actualización: Xa se poden ver en Climántica TV os documentais do IV móduloe do V módulo
O sábado 1 de marzo desenvolveuse a segunda xornada do curso na que os profesores Susana Vázquez e Jesús Teira orientaron ao profesorado sobre como inxerir elementos multimedia nos blogues e sobre a formulación de preguntas activadoras da argumentación dos estudantes sobre o contido deses elementos multimedia inxeridos. Tamén se abordou a potencialidade da técnica de webquest para a educación ambiental centrada no cambio climático. Sobre esta temática, o profesor Francisco Castillo impartiu unha conferencia da que se pode descargar o seu contido no epígrafe recursos e da que se pode ver un resumo en Climántica TV.
Actualización: Xa se pode ver tamén en Climántica TV un resumo do traballo con blogues.
O sábado 23 de febreiro presentouse o I Curso de posgrao Climántica-USC: competencias dixital e de aprender a aprender e desenvolveuse o primeiro módulo dos 5 recollidos no programa: Os blogs como ferramentas para desenvolver competencias básicas I: o uso dun blog no contexto de aula de climaeucambio.
Como o número de inscritos superou o número máximo establecido nas condicións de matrícula, os inscritos non matriculados quédalles a súa praza reservada para matricularse na segunda edición que se comunicará coincidindo co inicio do curso 2008-2009.
A presentación do curso está dispoñible en Climántica TV
Xa está dispoñible en Climántica TV a entrevista sobre Climántica Bibliotecas co escritor Agustín Agra, Premio Merlín 2006.
Aviso importante: o comezo do curso será o sábado 23 de febreiro. O curso desenvolverase durante as datas 23 de febreiro, 1, 8 e 29 de marzo e 5 e 12 de abril. En abril cada matriculado só asistirá a unha das dúas sesións, porque se desdobra o grupo para as prácticas de laboratorio sobre cambio climático para conseguir así unha atención individualizada.
Trátase dun curso de posgrao da Universidade de Santiago de Compostela. Contido: O curso organízase nestes 6 módulos (ver documento programático completo):
Para máis información pode consultarse o documento programático do curso e a información sobre o contido da competencia dixital da guía didáctica e o exposto na xornada formativa sobre Climaeucambio
Xa están operativos os blogs Climaeucambio. Ofértase un blog a cada aula que o solicite. As solicitudes fanse enviando un correo electrónico desde as contas de correo corporativas dos centros a climantica@xunta.es. No mes de febreiro porase en marcha un curso de formación sobre competencia dixital e fundamentos de meteoroloxía escolar, no que terán especial relevancia os blogs, xunto coas ferramentas e aplicacións que se poden usar para dotalos de contido. En breve comunicarase nesta web o contido do curso e a apertura da inscrición.