CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Reportaxe e vídeo do campus internacional CLMNTK18 en Aveiro

 
Entre os días 4 e 8 de setembro desenvolveuse en Aveiro o Campus internacional CLMNTK18 que se resume neste vídeo publicado en Climántica TV:



Os primeiros 6 minutos do vídeo están dedicados aos saúdos institucionais por parte das autoridades que deron o seu apoio ao campus: o ex-director de Enerxía de EEUU na Administración de Obama e presidente de The Climate Reality Project, Ken Berlin, o director do Centro Nacional do Genotipado de España e presidente da Academia Internacional de Medicina Legal, Angel Carracedo, o coordinador para Europa de The Climate Reality Project, Zsolt Bauer, o Consejero de Educación para México, América Central e Costa Rica, Enrique Cortés e o Director do Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela (SEPA – interea) e coordinador da área de Ciencias da Educación da Axencia Estatal de Investigación, José Antonio Caride.



Entre o minuto 6 e o minuto 7 recóllese o resumo da benvida a Aveiro e a inauguración por parte de Francisco Sóñora, director de Climántica, e de Pedro Pombo, director e Fábrica Centro de Ciencia Viva. A inauguración deu pasa á conferencia inaugural que impartiu o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, Emilio Fernández



 O profesor Emilio Fernández dirixiu a súa charla a todos aos 110 participantes. No vídeo recóllese desde o minuto 6 e medio ata o minuto 8. Nesa conferencia titulada “ Cámbio climático, análise desde a ciencia e as respostas da sociedade” expuxéronse as cuestións craves para conseguir abordar no campus a comunicación das súas respostas. Para iso á longo da exposición, o Dr. Fernández explicou as relacións entre as diferentes problemáticas para chegar á conclusión razoada da dificultade das solucións necesarias.



O catedrático Emilio Fernández continuo a súa actividade formativa pola tarde, esta vez destinado só aos profesores, mentres os estudantes iniciaron o seu traballo nos proxectos audiovisuais e no musical. Na súa intervención vespertina expuxo o seu punto de vista sobre as cuestións que urxe ensinar, e contou como correlatora coa profesora Raquel Troitiño, coordinadora da liña de Ciencia Escolar de Climántica, quen concretou como introducir no currículo as propostas do profesor Fernández. Este seminario quedou resumido entre os minutos 8 e 9:50.



Complétase a actividade vespertina cun momento do ensaio do coro no tempo paralelo a esta actividade do seminario docente que abarca entre o minuto 9:50 e 10:10. Xa nas actividades nocturnas visualízase entre o minuto 10:10 e o minuto 10:40 a Cea da Nacionalidades. A partir dese momento péchase o primeiro día co Festival das Nacionalidades que se recolle neste vídeo ata o minuto 16. Intervindo por esta orde as seguintes delegacións: Portugal, Cantabria, Madrid, Cataluña, Alcalá de Henares, México e Galicia. Pechouse o festival coa himno galego de Climántica: “ Vou, vai ti, vai ela para defender a Terra” e polo himno canario creado pola entón alumna e agora monitora de música, Wen: “Non me soltes da man”



A partir do minuto 16 iníciase o segundo día de traballo con imaxes da primeira actividade do seminario docente, na que participaron tamén os alumnos responsables de redactar o guión dos catro proxectos audiovisuais.

O simposio que abriu o seminario docente no segundo día do campus, mércores 5 de setembro, titulouse “Respostas Urbanas ao Cambio Climático modelos desde o contexto de Aveiro” desenvolvérono catro novos formados por Al Gore no cume internacional de Leadership de Berlín entre o 26 e o 28 de xuño de 2018.



O representante xuvenil de Climántica nese cume e coordinador das redes sociais nese cume, actuou de coordinador do simposio. Os outros tres participantes formaron parte da delegación de Portugal nese cume que liderou o coordinador de TCRP em Portugal Carlos Fulgencio. Aitor Alonso, no seu papel de coordinador situou o principal reto do seminario que era achegar un coñecemento relevante da contorna de Aveiro para introducilo nos guións dos proxectos audiovisuais.



O marco teórico achegouno a enxeñeira de ambiente e doutora en Biotecnoloxía, Cristiana Ribeiro. O seu marco teórico fundamentou as solucións baseadas na natureza para a resilencia das cidades e a adaptación ao cambio climático.



A aplicación deste marco teórico a Aveiro desenvolveuno Cristina Calheiros abordando o plan e ordenamento do territorio na zona de Aveiro no pasado, no presente e no enfoque futuro que demanda a adaptación ao cambio climático.



Por último, para fundamentar máis a historia socioeconómica das actividades vinculadas e a gran lagoa litoral coñecida como ría de Aveiro, Claudio Monteiro expuxo a importancia da retirada e uso das algas coñecidas como molizo mediante os barcos moliceiros e a explotación das salinas.

O resumo do simposio abarca no vídeo desde o seu inicio no minuto 16 ata a súa finalización no minuto 19:50. Nese momento iníciase a visualización do seminario de “Fotografía no medio natural de praias, lagoa e sistemas dunares de Aveiro”.



Este seminario de foto foi impartido polo profesor Javier Santiago e o coordinador de audiovisuais, imaxe e son en Climántica, Pedro García Losada. Abordaron, cos profesores e cos alumnos encargados de foto e vídeo nos proxectos audiovisuais, as bases teóricas, tomando como referencia as opcións dun dispositivo móbil, as súas limitacións, oportunidades e bases técnicas para o mellor uso no ámbito didáctico escolar.



A parte práctica para a fotografía da paisaxe costeira desenvolvérona na visita a Praia dá Barra, na contorna ao parque natural de San Jacinto



Tamén se desenvolveron prácticas de fotografías matinais de aves, para o que se realizaron avistamentos previos con prismáticos e desde observatorios. Nesta temática destacaron as fotografías de flamencos comendo na lagoa e en voo.



As actividades da tarde iniciáronse, no seminario docente, coa presentación do director do colexio Cervantes de Lugo, Gonzalo Castro, que acudiu acompañado do profesor do seu centro Alberto Otero, cos 4 alumnos seleccionados do seu centro. A súa presentación titulouna “Educación Ambiental no Colexio Cervantes: rumbo a Climántica 2019”



No minuto 20 o vídeo pasa a recoller as actividades de Praia dá Barra. Estas imaxes que se poden visualizar amenizadas coa banda sonora do novo himno de Climántica estreado no musical, mostran aos alumnos que foron á praia o día 5 que foron os do grupo e teatro e os grupos de vídeo 1 e 5. Ao día seguinte foron os da banda de música e os grupos de vídeo 2 e 3.



Os alumnos da banda de música e os grupos de vídeo 2 e 3 o día 5 pola tare permaneceron en Aveiro. Nese tempo visitaron as salinas e navegaron nos moliceiros. O resto do tempo aproveitaron para avanzar nos seus proxectos, motivo polo que finaliza a parte das actividades da tarde do vídeo co ensaio da banda que chega ao minuto 20:50 do vídeo. Ao día seguinte realizaron estas actividades os alumnos do grupo de teatro e os grupos de vídeo 1 e 4.



Durante eses dous días, e tamén durante o primeiro día, realizáronse paseos pola cidade, que deron oportunidades aos alumnos de coñecer ben o centro urbano e a historia da cidade.



A partir do minuto 20:50 e ata o minuto 24 recóllese a última actividade do día que foi a conferencia con demostración práctica de “Luz, hologramas e 3D” impartida polo director de Fábrica e profesor do departamento de Física da Universidade de Aveiro, Pedro Pombo.



Dunha forma moi intuitiva, e utilizando múltiples recursos, o profesor Pedro Pombo abordou todos os aspectos complexos do uso da luz co seu potencial para a proxección láser, percepción 3D e desenvolvemento de hologramas. Eses coñecementos foron obxectos dun taller específico para os alumnos encargados de xerar a escenografía de proxección do musical.



Desde o minuto 24 ata o minuto 24:45 visualízase o inicio das actividades do seminario docente do día 6 que empezou coa intervención dun seminario titulado “Potencial de Fábrica a transferencia da divulgación científica ás didácticas aplicadas ás escolas”. Neste seminario o profesor Pombo abordou a orixe e o avance do proxecto Fábrica como confluencia da organización gobernamental de divulgación científica Ciencia Viva coa Universidade de Aveiro. Puxo en valor a dimensión de investigación que lle dá a Universidade.



Para abordar a amplitude de todas as actividades que fan cos centros educativos, procedeu a unha visita de Fábrica, podendo observar tamén as imaxes dos alumnos traballando nalgúns dos proxectos con cuxas imaxes finaliza o taller e visita no minuto 24:45.



Na ánalise dos proxectos audiovisuais tivose oportunidade de abordar todo o proceso de traballo dende a elaboración do guión ata a mesmo proceso de montaxe, situando os diferentes roles



Para entender ben o traballo no proxecto musical analizouse ben o traballo do grupo dos actores a nivel de ensaios e de coordinación de todas as intervencións, con especial incidencia na coordinación coa banda e coa danza



No taller de danza implicáronse 9 alumnas que estaban a maioría nos grupos audiovisuais. Ese taller traballou en coordinación especialmente co grupo de teatro, pero tamén coa banda musical.



Tamén se visualizou a forma de traballar nos ensaios musicais, as modificacións de cancións e a creación doutras novas, os ensaios dos diferentes instrumentos que saben tocar os alumnos seleccionados para o campus que se apuntaron a este reto, os acordes que foi necesario introducir para adaptar os temas aos niveis dos alumnos.



A cuarta dimensión do musical desenvolveuse mediante o taller de artes plásticas, luz e hologramas para xerar escenarios de proxección. Os alumnos traballaron a dous niveis, á de xerar as cores e formas para proxectar, e ao da propia proxección, que e complementou co desenvolvemente de hologramas co equipo técnico de Fábrica.


O taller de fotografía desenvolveuse de xeito transversal e estivo presente nos outros talleres e proxectos para recoller imaxes importantes para a comunicación do campus, e algún casos como no taller de escenarios de proxeccción, para facerse co material visual de proxección.


Un dos espacios máis impactantes de Fábrica para o alumnado é do taller de robótica. Alí os alumnos xeraron contextos imaxinarios e futuristas con potencial para incluir nas curtametraxes.



Para generar los escenarios imaginativos que la creatividad de los alumnos demandaba, se desarrollaron sistemas de programación en el que los alumnos fueron formados.


Un taller que espertou moito interese do profesorado foi o de ciencia. Nese taller os alumnos xeraron experimentos e simulacións de causas, consecuencias, evidencias e solucións do cambio climático. Fixéronse esas experias para dispoñer deses escenarios capaces de formar parte dos proxectos de curtametraxes.



A partir do minuto 24:45 e ata o minuto 25:30 recóllese a primeira actividade da tarde do seminario docente na que o profesor de Bioloxía do Colexio Madrid de Cidade de México, Manuel Ochoa impartiu a comunicación sobre Perspectivas Ambientais e Biolóxicas na cidade de México: unha experiencia desde a autonomía curricular e a súa relación con Climántica.
 


O resumo da primeira actividade do Seminario docente do venres 7 de maio recoller entre l minuto 25:30 e o minuto 26. Trátase da explicación do proceso de creación do libreto do musical que se está preparando por parte do director do grupo de teatro Carlos Maquieira e da actriz colaboradora na o ámbito de artes escénicas de Climántica, Irene Maquieira.


Entre o minuto 26 e o minuto 30 recóllense o resto das actividades da mañá do venres 7. Pódense visualizar imaxes dos ensaios do musical dos dous grupos de traballo implicados: o do grupo de traballo da banda e o do grupo de traballo de teatro. Tamén se recollen a atención á solicitude de entrevistas solicitadas polo Diario de Aveiro, que lle dedicaría a portada e a primeira páxina da edición do día 8 de setembro, a presentación do proxecto Climántica aos docentes e a presentación de diversos talleres que se desenvolveron na última hora da mañá.



Desde o minuto 30 ao 32 recóllese a última actividade do seminario docente da tarde que consistiu na visita e a análise do potencial didáctico do Parque Natural de San Jacinto, que foi conducido pola súa directora.



A partir do minuto 32 ao minuto 34 resúmense as presentacións das valoracións dos resultados por parte dos mozos coordinadores dos proxectos e dos talleres. Trátase de mozos con formación universitaria que constitúen o equipo xuvenil do proxecto e que asistiron a campus cando eran alumnos de escolas secundarias.



Desde o minuto 34 ao 34:50 recóllese o acto de entrega de diplomas coa visualización de todos as imaxes das delegacións participantes, excepto a de Alcalá de Henaras que tivo que marcharse antes do acto.



A partir do minuto 34:50 iniciouse a presentación dos proxectos. Os catro proxectos audiovisuais quedan resumidos entre o minutos 35:40 e o minuto 40:10. As curtametraxes creadas polos catro grupos de traballo de proxectos audiovisuais son :

La historia de Hasan (Climántica 2030):



Sinopse: As vivencias dos refuxiados climáticos impactan dunha forma drástica e brutal na vida de cada vez máis persoas. Nenos como Hassan ven a súa infancia tremendamente afectada ao converterse en heroes que sobreviven ao que nunca imaxinaron que puidese chegar a pasar. Viaxamos pola historia da súa infancia e grazas a esta experiencia entenderemos a forza que o cambio climático xa está a ter na vida de tantas persoas.

Un cambio climático que finalmente cambió mi vida:



Sinopse: O cambio climático, lonxe de ser un fenómeno con consecuencias exclusivamente ecolóxicas, ten importantes impactos sociais. Neste curto, preséntase a través da mirada dun neno una de tantas historias nas que o cambio climático impacta de cheo na vida dos seus protagonistas.

Memorias de un refugiado climático:



Sinopse: O cambio climático, lonxe de ser un fenómeno con consecuencias exclusivamente ecolóxicas, ten importantes impactos sociais. Neste curto, preséntase a través da mirada dun neno una de tantas historias nas que o cambio climático impacta de cheo na vida dos seus protagonistas.

Conectados:



Sinopse: Nun mundo hiperconectado polas novas tecnoloxías faise necesaria a conexión das persoas no seu día a día para buscar solucións ao cambio climático.

Ademais dos catro curtametraxes dos proxectos, no taller de Edición de vídeo para difundir nas redes sociais o campus elaborouse esta curtametraxe a modo informe semanal do campus:




Desde o minuto 40:10 ao minuto 44 resúmese a interpretación do musical que se desenvolveu de acordo ao libreto creado polo profesor Carlos Maquieira e a actriz Irene Maquieira.

A medida que os grupos foron rematando a presentación dos seus produtos producíronse emotivas despedidas.



Galería Campus

Galería Seminario Docente


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino