












O congreso xuvenil Oceántica encontrou os 40 premiados por traballos sobre a sostibilidade dos océanos entre os 531 estudantes autores dos 230 proxectos presentados ao congreso xuvenil internacional Oceántica 14 Siguiendo o criterio establecido en Oceántica13, outorgáronse o 75% das prazas premiadas a estudantes de Galicia e un 25% a estudantes doutros países e comunidades autónomas. Esa relación de premiados quedou integrada por 29 alumnos de Galicia e 11 premiados dos demais países participantes, México, Polonia, Arxentina e Portugal.
A acollida deste congreso virtual creceu exponencialmente dende o ano pasado, cando presentaron traballos ao redor de 300 estudantes de primaria e secundaria. Por proximidade, os estudantes galegos son os máis numerosos neste congreso xuvenil virtual: dos 531 alumnos, 180 son de dez centros de Galicia. A eles hai que engadir outros 142 do resto de España e, seguidamente, 104 de once centros educativos de México. Por detrás está Polonia con 52 participantes, Arxentina con 23 e Portugal con 30.
Os traballos debían plasmar os desafíos da sostibilidade do océano. A convocatoria estaba aberta a distintos formatos, dende poesía ou relato ata curtametraxe, música, vídeo, fotografía, cómic ou presentacións multimedia. Entre outros temas, os proxectos presentados tratan, dende moi diversos puntos de vista, a contaminación mariña, a pesca, o cambio climático. a deterioración das praias, a influencia dos humanos nos océanos, o lixo que se encontra nos diferentes mares do planeta, a reciclaxe, as catástrofes do Prestige e do Exxon Valdez ou a desconxelación dos polos. Ademais, moitos dos traballos céntranse en diferentes especies mariñas e boa parte deles traballan a favor da sensibilización das novas xeracións para protexer e coidar o medio mariño.
O premio, un campus científico-artístico-social
Os autores dos proxectos mellor valorados polo xurado participarán no campus de Vigo nun campamento de verán no que durante seis días desenvolverán un proxecto audiovisual en equipos formados por alumnos de idades e habilidades de comunicación diversas e baixo o lema “Observo os espazos de interacción marzo-terra-poboacións humanas, compároos co seu pasado, e fago propostas para un futuro máis sostible e con respostas ao cambio climático”. Ademais desta actividade audiovisual, os estudantes realizarán excursións e actividades lúdicas, de convivencia e artísticas. Durante o campus de verán tamén se desenvolverá unha obra de teatro musical que se presentará publicamente nun festival fin de campus.
Durante o campus os alumnos visitarán ámbitos costeiros para recoller datos sobre os aspectos implicados nos proxectos científicos e nos produtos de sensibilización. Posteriormente traballarán con eses datos no laboratorio para chegar a conclusións relativas aos proxectos de investigación que tratarán sobre a contaminación das praias, as especies invasoras e os impactos na morfoloxía costeira. Tamén se abordarán cuestións relativas á antropoloxía e historia do ámbito costeiro de Vigo. De todos estes datos, análise e conclusións tomarán imaxes para unha expresión en vídeos conducidos por un argumento e guión orixinal elaborado polos grupos seminario, que deberán crearse para lograr introducir todo o desenvolvemento de investigación e análise de información do campus. Estes vídeos serán catro, producidos por outros tantos grupos seminario. Sobre as vivencias e coñecementos do campus, tamén se creará un musical, no que traballarán 3 grupos seminario coordinados para a representación final, que xunto cos 4 vídeos se presentará no festival de fin de campus.
Todos os proxectos recibidos están publicados no blog do congreso e a decisión do xurado supoñerá o 70% da cualificación dos traballos, mentres que o 30% restante dependerá dos Gústame" do Facebook. O xurado estivo composto por oito persoas alleas ao Campus do Mar e con experiencia neste tipo de actividades, como Margarida Feliu, de Axenda 21 de Barcelona; Rosa Arcos, asesora de formación do profesorado da Consellaría de Educación en Málaga; Carmen Villavicencio, responsable de formación on line do programa La Ciencia na túa Escola da Academia Mexicana de Ciencias; Anna Pons, directora do Centro de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana; Mar Fontes, xefe do Departamento de Orientación do IES Santa Comba; Ana López, xornalista da revista Escuela; José Manuel Gutiérrez, de CEIDA Euskadi e Lydia Nicollet, coordinadora europea da Confint. Para estes expertos pes, sobre todo, na súa decisión a orixinalidade, a rigorosidade, a capacidade de sensibilización e o grao de madureza na elaboración técnica das propostas. A estes 40 premios outorgados polo xurado, hai que sumar premios outorgados polas organizacións colaboradoras, que asignarán os premiados pola participación dos seus estudantes. Desta forma incorpóranse ao campus outros 30 alumnos dos cinco países participantes.

O Campus do Mar convoca o curso internacional Cambio global antropogénico no océano, coa colaboración da Asociación Portuguesa de Educación Ambiental e co cofinanciamento da FECYT, no marco da proposta do proxecto que resultou seleccionada na última convocatoria de libre concorrencia competitiva de axudas ao fomento da cultura científica e a innovación. A colaboración coa ASPEA determinou a selección da cidade portuguesa de Viana do Castelo pola súa facilidade para integrar as comunidades educativas de ambos os dous lados da fronteira.
Está previsto que as prazas do auditorio queden repartidas a partes iguais para os dous colectivos docentes dos países veciños. Para facilitar os desprazamentos sairán autobuses de Santiago e de Vigo, cuxo custo corre a cargo do orzamento do curso.
Para os docentes que sigan o curso dende localidades e países que non lle permitan desprazarse, poderán seguir o curso por streaming mediante un usuario que solicitará enviando un correo a oceantica@campusdomar.es. Tanto os asistentes presenciais coma os que sigan o curso por streaming recibirán a correspondente acreditación da formación por parte da Universidade de Vigo, pero antes terán que matricularse a través da plataforma de formación do profesorado Bubela da Universidade de Vigo.
O programa, recolle 45 minutos para que os asistentes presenten as súas experiencia de aula, laboratorio e campo que teñen relación coas temáticas tratadas no curso. En concreto presentaranse as 5 máis destacadas das enviadas durante o prazo de matrícula a oceantica@campusdomar.es. Ademais desta selección de actividades que presenten os asistentes, no programa recóllense outras 6 dimensións:
Programa do curso (pulsa aquí).
Os proxectos Climántica e Oceántica foron convidados a desenvolver actividades nas localidades de Polonia de Lodz e Varsovia, entre os días 14 ao 16 de abril no marco do proxecto escolar "Batyk nasze morze" que coordina a profesora Karen Piera del Gimnazjum nr 34 im. Krzysztofa Kamila Baczyskiego de Lódz. Este proxecto está inspirado na metodoloxía de Climántica e supón unha adaptación de Oceántica del Campus do Mar ao sistema educativo de Polonia. Para afondar nestas metodoloxías, o seu autor, Francisco Sóñora, impartiu conferencias para comunidades educativas de Lódz e Varsovia sobre as bases metodolóxicas, produtos de ambos os dous proxectos e histórico do desenvolvemento do proxecto. Tamén desenvolvemento en colaboración con outros docentes diversos talleres en todos os centros nos que participou.
O luns 14 de abril as actividades desenvolvéronse en Gimnazjum 34 do ZSO nr1 (Conxunto de Escolas de Formación Xeral). Alí presentáronse os proxectos Climántica e Oceántica ante autoridades, profesores e alumnos. Tamén se presentou por parte dos alumnos a súa participación no congreso xuvenil internacional Oceántica 13 e o seu campus para premiados. A continuación presentaron a súa participación nas actividades ao longo do curso no seu proxecto escolar "Batyk nasze morze", que adapta ao seu centro o proxecto Oceántica del Campus do Mar. Referíronse en especial ás súas actividades no Mar Báltico, onde concentran as actividades de investigación, xa que é o recurso máis grande en canto a mares refírese que comparte Polonia con outros países de Europa. Explicaron, mediante talleres, como este proxecto escolar ten como obxectivo sensibilizar a poboación no coidado e protección de recursos mariños do Báltico.
Na presentación tiveron un protagonismo especial os tres alumnos premiados en Oceántica 13 que teñen un papel moi activo, coordinados pola súa profesora de ELE, Karen Piera, no impulso do novo proxecto de centro inspirado en Oceántica: "Batyk nasze morze",
O martes 15 de abril as actividades desenvolvéronse na escola veciña na mesma cidade de Lódz: VI Liceum im. Joachima Lelewela, organizado por Magorzata Magdziarz, profesora de ELE. Alí o os docentes de Climántica impartiron dous talleres, con tradución do equipo docente de ELE que coordina a profesora Magdziarz
O último día de actividades, o venres 16 de abril, os docentes desprazados a Polonia desprazáronse a Varsovia, acompañados da profesora Karen Piera e dos alumnos implicados no seu proxecto escolar. Nese centro desenvolveron as súas actividades no Gimnazjum 113 z Oddziaami Dwujezycznymi i LXXIII Liceum Ogólnoksztacce w Zespole Szkó nr 17 im. Zawiszaków Proporca "Victoria". Alí as actividades coordinounas Katarzyna Turbiarz, tamén profesora de ELE. Este centro educativo invitou outras escolas de Varsovia. En concreto sumáronse: Miedzynarodowe Gimnazjum nr 51 e Liceum Meridian, Gimnazjum z Oddziaami Dwujezycznymi nr 93 im. Ksieznej Izabeli Czartoryskiej e Gimnazjum nr 15 im.gen.dyw. Stefana Roweckiego "Grota".
As actividades en Varsovia dirixíronse a alumnos de sección bilingüe española, pero con tradución tamén a alumnos de ELE como segunda lingua. A primeira actividade presidiuna en Varsovia o Conselleiro de Educación da Embaixada de España en Polonia, José Antonio Benedicto Iruiñ. Esta actividade consistiu na presentación por parte do director do proxecto Climántica dos resultados do traballo do equipo Climántica ao longo dos últimos sete anos do proxecto. O Conselleiro clausurou o acto felicitando por este labor e a da comunidade educativa de Polonia que se vai sumando á iniciativa, animando a todos
A continuación os docentes do equipo Climántica impartiron un taller pola mañá para os alumnos dos centros invitados. Pola tarde fixeron o mesmo pero cos alumnos do Gimnazjum 113. Ademais os alumnos do Gimnazjum nr 34 de Lódz, prepararon xogos e actividades, que se incorporaron aos talleres.

Está publicada en Climántica TV o vídeo da conferencia “20101, Regreso ao pasado da Ciencia e da Técnica nas crises” que impartiu, no IES Poeta Añón, Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica, e que se elaborou con imaxes aportadas polos alumnos asistentes.
Trátase dunha visión retrospectiva dende un futuro más aló da extensión máxima das previsións do IPCC, para contribuír así a romper a barreira mental da escala temporal na análise do reto do cambio climático. O fío condutor argumental considera a capacidade que temos e tiveron os nosos antecesores de afrontar retos e de modificar o seu contorno.
Analízase este devir histórico con proxeccións futuras ata o 2101 dende a sucesión de ciclos nos que cada un iníciase como resposta a unha crise debida á escaseza de recursos, que leva a innovacións creativas e a posta en xogo de novas tecnoloxías baseados na explotación de recursos, dando paso a así a un novo ciclo. Dende a aparición do xénero Homo, defendeu que cada ciclo é máis curto, con máis potencia enerxética, menos eficiencia e máis impacto ambiental.
A historia parte dunha crise debida a un cambio climático global natural e remata co último gran reto que afrontou o ser humano nun suposto século pasado (século XXI), no que o cambio climático foi antropoxénico.
O primeiro cambio climático do que se parte foi debido ao inicio do ciclo de glaciacións que se producen de forma bastante cíclica dende que o xénero Homo está presente. Precisamente sitúase a aparición de Homo como resultado das respostas á deforestación dos contornos frondosos africanos debido á glaciación de fai 2,5 millóns de anos. Xustificase estas respostas ao cambio climático polas características evolutivas do xénero Homo.
A segunda gran crise que se trata é a superación do último período glaciar (glaciación do Würm) quedando Homo sapiens sapiens como única especie do xénero que logrou superar este período. Fixo tamén alusión á que abandono da crise derivada da saída desa gran glaciación, implicou a revolución da aparición da agricultura.
Sobre a agricultura, mencionou a crise que puido supoñer a superpoboación derivada da agricultura fronte a escaseza de recursos entre os que destacaron a falta de solo para cultivar. Explicou tamén como se superou esa crise na Idade media coa innovación que supuxo a forxa hidráulica para obter aceiro coa forxa hidráulica e a aparición do arado de ferro que se conseguiu con esta innovación tecnolóxica.
Sobre esta revolución do aceiro, xustificou a crise que arrastrou pola deforestación que supuxo, na etapa fría preindustrial en zonas moi centradas no aceiro con climas fríos e húmidos, como era Inglaterra. Deste xeito situou a última gran revolución (revolución industrial), que se potenciou no século XX coa aparición dos vectores enerxéticos: electricidade e carburantes para motor de combustión interna. Explicou como esta revolución entrou en forte crise definitivamente a inicios do século XXI.
Chegando a este punto fixo referencia ás evidencias, causas e consecuencias do cambio climático no escenario de crise da etapa industrial. Tamén reflexionou sobre o crecemento exponencial da poboación coa crise alimentaria asociada, e aparición dos fertilizantes industriais que permitiron a obtención de máis proteínas cárnicas. Sobre esta innovación tecnolóxica que supuxo a obtención de máis alimentos para superpoboación, incorporou a crise ambiental do exceso de sales de Nitróxeno nos ecosistemas, e aos problemas derivados da eutrofización.
Na última parte fixo referencia ás respostas do século XXI á crise dos combustibles fósiles e ao reto do cambio climático, partindo das respostas da segunda metade do século XX á crise do petróleo, para obter electricidade dende a fisión nuclear e as súas consecuencias ambientais. Abordou o desenvolvemento de enerxías renovables no século XXI.
Por último fixo referencia a contribución das investigacións do século XXI sobre novas fontes de enerxía obtidas da fusión, sobre o papel do H como novo vector vinculado á enerxía limpa, sobre a eficiencia enerxético, e a importancia das boas prácticas para a xestión dos recursos enerxéticos e da auga. Nesa liña de argumentación, destacou a importancia da educación, convidando aos alumnos a sentirse partícipes na construción desa última parte da historia, en relación ás respostas ao cambio climático e a crise dos combustibles fósiles. Para dar pasos nesa dirección, recomendoulles participar no congreso xuvenil e no campus Oceántica14.
















