CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Intercambio Polonia-Galicia-Madrid patrocinado pola UNESCO co eixo Muller e Ciencia

 

O proxecto Climántica en colaboración co IES Puerta Bonita e o Centro de Intercambios Escolares desenvolveron unha gala de celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia baixo o patrocinio da UNESCO. Entre os obxectivos do evento estaba a produción dunha curtametraxe sobre a gala para difundir o evento nas redes sociais o 11 de febreiro, data na que se celebra o Día Internacional da Muller e a Nena da Ciencia.

    

Para xerar a masa crítica escolar multicular, na semana previa ao evento desenvolveuse un intercambio no que os alumno de 3º de ESO do IES Poeta Añón de Outes representaron a Galicia, o Liceo XXVI de Lodz a Polonia e o IES Isidra de Guzman, o IES Porta Bonita e o Colexio La Salle Marabillas representaron a Madrid.


Na inauguración da gala abriuna o Director do IES Porta Bonita, Luís García Domínguez, director deste instituto de formación profesional con máis de 1.000 alumnos dos ciclos de familias de comunicación audiovisual e artes plásticas que realizou a produción do vídeo, seguido de Francisco Barradas, Director do Centro de Intercambios Escolares (CIE) que actuou de centro de acollida dos alumnos polacos e galegos, e de organizador das actividades en Madrid.


A representación do proxecto Climántica correspondeu ao Director do Proxecto Climántica, Francisco Sóñora quen desenvolveu a Conferencia “Dos Hominidos Africanos aos Humanos do Cambio Climático”. O relatorio partiu da importancia do clima na evolución humana e da capacidade do enxeño da nosa especie para ir superando barreiras, incluídas unha glaciación, e, finalizou achegando o potencial de oportunidades que supón un escenario con maior igualdade da implicación das mulleres na ciencia do cambio climático. Proseguiu coa proxección da peza audiovisual sobre as científicas destacadas vinculadas á rede, na que tivo unha presenza destacada María Martinón, que foi quen abriu o vídeo eludindo á importancia do clima no seu ámbito de investigación. Desde Galicia tamén interviñeron Cristina Rodríguez, do Grupo de Medicina Xenómica da USC; Ángeles López, profesora da Facultade de Físicas; e Liliana Solís, bióloga da Confraría de Mariscadores de Noia.

A nivel internacional participaron a bióloga mexina Coro Arizmendi, a Directora da Axencia de Sustentabilidade de Austria e a directora Nacional de Cultura Ambiental de Panamá.



A continuación procedeuse á proxección dun vídeo de científicas destacadas con vínculos co proxecto Climántica, na que tivo unha presenza destacada María Martinón, que foi quen abriu o vídeo eludindo á importancia do clima no seu ámbito de investigación, que se tomou como punto de partida da conferencia. De Galicia tamén interviñeron Cristina Rodriguez Fontela do Grupo de Medicina Xenómica da USC, a profesora da Facultade de Físicas Ángeles López Aguera, con colaboradoras do seu equipo, e a Bióloga da Confraría de Mariscadores de Noia, Liliana Solís País. A nivel internacional participarón a bióloga mexina Coro Arizmendi que desenvolveu un coloquio con alumnas, do colexio mexicano Madrid, interesadas na Ciencia e no Cambio Climático e que participaron nos campus internacionais de Climántica. Tamén enviou o seu saúdo a Directora da Axencia de Sustentabilidade de Austria e a Directora Nacional de Cultura Ambiental de Panamá, con quen o proxecto Climántica está a estudar opcións de desenvolver nese país centro americano o Segundo Campus Iberoamericano.


A terceira acción liderouna Úrsula Martínez, enxeñeira aeroespacial pola Universidade Politécnica de Madrid que se incorporou ao proxecto Climántica cando tiña 13 anos. Ademais de conducir o resto do evento, foi a encargada de presentar un trailer do musical A volta ao clima en 10 escenas, do que é coautora e directora; un produto creado no Campus Internacional de Aveiro de 2019.


A seguinte relatora foi María Arufe que explicou como a través da curtametraxe que dirixiu en Aveiro e titulado “A Fábrica” reflectiu como os medios de comunicación poden ser unha arma de proponganda a favor do negacionismo do cambio climático. Iso transmitírono a través dun informativo que manipulaba desde o minuto 1 á poboación para convencela da non existencia do cambio climático. O outro curtametraxe que se proxecto presentouno a súa directora Noemí explicou como o seu documental “” conta a historia dun mozo de Aveiro que esperta nun sitio estraño cun mundo totalmente diferente ao que coñecía e no que non había ninguén. Explicou como aos poucos ese mozo foi recuperando a memoria descubrindo cal foi o Planeta descubrindo recordos que lle gustase non desterrar.

 


 Esta cuarta parte pechouna a alumna portuguesa Marguerita Delgado que representou a voz adolescente das mozas participantes, a través da visión da súa participación nos campus, en especial na súa contribución como protagonista do musical do campus internacional de Aveiro de 2018. Explicou o importante que para ela é Climántica e que o que viviu neste proxecto deulle un coñecemento e a seguridade de que non se achegará xa da ciencia do cambio climático e da súa comunicación.


A quinta parte foi unha mesa redonda desenvolvida entre as seis alumnas que participaron na parte anterior. Nela analizaron a súa visión sobre a muller e a nena na ciencia contemporánea. Chegaron á conclusión de que a sociedade esixía máis ás mulleres que aos homes en ciencia, insistindo en que era moi importante aspirar á auténtica igualdade de oportunidades. Tamén destacaron que un punto de vista feminino na comunicación da ciencia do cambio climático debía aspirar a achegar máis rigor, porque é moi importante comunicar ben esa ciencia para que non sexa utilizada polo excepticismo en contra da acción social fronte ao problema.


A sexta e última parte do evento consistiu nun baile polaco e outro galego que prepararon durante a estancia nocturna no Centro de Intercambios Escolares. Os parellas de baile estaban formadas por un estudante de cada país. A canción galega que bailaron foi A Muiñeira de Chantada.

Unha Intensa semana de coñecemento colaborativo intercultural.


O evento que se celebrou o venres no IES Puerta Bonita foi resultado do traballo colaborativo de alumnos de Outes, Polonia, Madrid e Alcalá de Henares, que necesitou dunha forte cohesión, sobre todo polas barreiras idiomáticas e culturais. Por ese motivo o idioma do intercambio foi o inglés, e o profesor de Polonia, que ensina español e inglés no Liceo XXVI de Lodz de Polonia, desenvolveu as estratexias de integración idiomática.


 O primeiro día, luns 3, expuxéronse que coñecesen Madrid en grupos de cada país, utilizando só o inglés os alumnos de Polonia. Pola mañá visitouse o Museo do Prado. Alí analizáronse a fondo dous cadros en base á súa vinculación co proxecto “O Xardín das Delicias” e a “Fragua de Vulcano”. Co primeiro reflexionouse como a cobiza e o consumo excesivo poden danar o Planeta. No segundo analizouse a importancia da forxa hidráulica primeiro e da de vapor na revolución industrial para a obtención do aceiro e dos avances e crises derivados, directa e indirectamente desas tecnoloxías. Pola tarde fíxose unha búsquda de puntos crave do Madrid dos Austrias. Tratouse dun xogo no que se lles daba un plano e pedíaselle ir a puntos e neles facer preguntas aos cidadáns. Nesa visita analizouse a dimensión inicial da cidade para atopar semellanzas con Toledo na súa organización e a súa adaptación a ese territorio e clima. Alí chamoulles a atención da contaminación urbana sobre o atardecer e o intenso trafico urbano.


O segundo día, o martes 4 tivo como obxectivo central cohesionar ao grupo con estratexias pedagóxicas de integración de alumnos de culturas europeas moi distantes. Para iso visitouse Toledo e reflexionouse a oportunidade que supuxo a Escola de Tradutores de Toledo na integración de 3 relixións. En base a este feito retouse aos estudantes para afrontar esa integración. Alí tamén se analizou a importancia da industria de aceiro nesa cidade e o desenvolvemento agrícola de cultivos adaptados a ese clima, en especial cereais e viñedos, reflexionando sobre a importancia que tiña o chan ata motivar o cambio de asentamento da cidade para conseguir un chan máis apropiado. Pola noite, e xa continuidade ao resto dos días, acentuouse a convivencia dos dous países con actividades de bailes dos países en parellas tamén dos dous países, o mesmo con karaoke. Tamén se desenvolveron xogos na piscina climatizada.

O mércores 5 pola mañá visitaron Alcalá de Henares e da man dos seus colegas do IES Isidra de Guzman visitaron a cidade. Tivo especial importancia a visita á Universidade, onde reflexionaron sobre o rigor da formación nos inicios desa universidade, onde entraban aos 8 anos e en moitos casos non saían hastan os 40. Tamén lles chamou a atención que se non se atendía aos profesores eran castigados como mínimo a 3 días de reclusión. Tamén se visitou a casa de Cervantes, que pola tarde compararían coa de Lope de Vega en Madrid. Pola tarde tamén visitaron o Museo de Ciencias Naturais realizando talleres de extracción da súa propio ADN e de biodiversidade. Analizaron as estratexias para seguir para conservar as especies #ante crises como o cambio climático e visualizaron a exposición da Evolución Humana e a súa relación co clima.


O xoves 6 visitaron o Museo Reina Sofía, analizando a fondo o Guernica. Antes realizaron un taller con pezas soltas recortadas dunha copia do cadro, para realizar unha composición creativa. Da visita do museo os alumnos concluíron a dureza da Guerra Civil e o seu impacto na obra dos principais autores españois. Sobre iso reflexionaron sobre a necesidade da tolerancia, a convivencia intercultural e ideolóxica e a convivencia democrática, respectuosa e pacífica. Pola tarde preparouse o evento do venres, realizando antes de abondonar o Centro de Intercambios Escolares a foto de despedida.



Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino