CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Fase de difusión EduCO2cean-Erasmus+ en Noia e na comarca de Muros

 
O IES Virxe do Mar, en calidade de socio responsable da organización do campus internacional na alianza estratéxica para a innovación educativa EDUCO2cean-Erasmus+,  á que se incorporou co seu proxecto Climántica, e que resultou financiada pola Unión Europea, organizou en Aveiro, no marco EDUCO2cean-Erasmus+, un seminario de investigación acción sobre o campus xuvenil internacional, que se completou en Noia, coa difusión dos resultados, no campus EDUCO2cean-Erasmus+. O campus desenvolveuse en dúas fases: unha fase de produción celebrada en Aveiro do 2 ao 6 de setembro e unha fase de difusión desenvolvida en Noia e na Comarca de Muros, actuando o IES Virxe do mar, en colaboración co IES Campo de San Alberto, como anfitrión da fase de difusión da fase de difusión do campus, para o que se contou co apoio do Concello de Noia. Con este campus transferiuse o modelo do campus Climántica celebrado nos últimos anos no CENEAM, modificándoo para adaptalo ao marco da alianza estratéxica para a innovación EDUCO2cean - Erasmus+.



Nesta fase de difusión, celebrada no concello de Noia e na comarca de Muros, do 6 ao 9 de setembro, analizáronse os ecosistemas das comarcas de Noia e Muros vinculados ao océano, aplicando os coñecementos adquiridos na fase de produción, desenvolvida na Universidade de Aveiro do 2 ao 6 de setembro. O campus internacional finalizou coa representación do musical e a proxección dos vídeos producidos en Aveiro para sensibilizar sobre o cambio climático.



O grupo chegou a Noia o mércores 6 de setembro. Ese día dedicouse a situarse o pobo, asistindo pola noite a interpretacións de cancións por parte dos alumnos asistentes ao campus, acompañados da banda xuvenil do campus. A mañá do día 7 de setembro dedicouse a analizar os principais ecosistemas vinculados á ría de Muros e Noia. Iniciouse o estudo no límite da acción das mareas no río Tambre. Alí reflexionouse sobre a influencia do encoro e a relevancia da enerxía hidráulica. Tamén se observou a colonización do val por especies colonizadores como a acacia e o eucalipto, e as súas implicacións sobre o ecosistema, e os seus efectos de invasión da fraga dese lugar. Outro aspecto que se estudou foi o funcionamento dos rodeiros para capturar lampreas, e a bioloxía desta especie. Analizouse tamén a xeoloxía dominante e a súa influencia na formación da ría.



A mañá finalizou coa recepción oficial por parte do Concello de Noia que tivo lugar ás 13 horas no salón de plenos. Alí, o Alcalde, acompañado dos concelleiros de Cultura e de Educación deu a benvida e mostrou o interese do Concello por dar continuidade e sustentabilidade no tempo a esta iniciativa que apoiou, como o fixo con outras iniciativas deste proxecto, desde a súa orixe.



Pola tarde analizouse a historia da ocupación integral do territorio desde Noia co apoio do Concello. Para iso navegaron na embarcación centenaria Vieta, utilizando a historia do uso do propio barco para relatar a evolución da economía e da ocupación da ría.



Para analizar con máis detalle a ocupación do territorio de Noia, o Club de Remo puxo a disposición do grupo kaiaks, cos que remaron polas marismas ata o límite de influencia das mareas. Pola noite analizouse o urbanismo mediante un itinerario conducido polo ex - director do IES Virxe do Mar, Manolo Barreiro.



As actividades do venres 8 centráronse no estudo dos ecosistemas da comarca de Muros e da historia do urbanismo e ocupación do territorio do pobo de Muros. Ás 9:30 os compoñentes do campus foron recibidos no salón de plenos do Concello de Muros.



A continuación interpretouse a formación da lagoa de Louro vinculada ao sistema dunar. O seguinte punto de interese foi a praia de Carnota, alí o grupo dividiuse en dous: unha parte quedou nun campionato de Volei praia e o outro realizou un intermareal. A continuación rotáronse as actividades dos dous grupos. A ruta finalizou coa observación da Fervenza do Ézaro.



Xa pola noite o grupo dirixiuse ao Coliseo Noela onde presentou as 3 curtametraxes e interpretou o musical elaborado en Aveiro. A interpretación do musical foi recompensado polo público cunha gran ovación.



Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino