CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Conferencia de Pablo Meira “Representacións sociais do cambio climático”

 
Neste vídeo recóllese a conferencia de Pablo Meira, profesor titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa contribución centrouse sobre as representacións sociais do cambio climático, un ámbito no que as súa investigación contan con un elevado impacto a nivel nacional e internacional.

Dende este marco de estudo das representacións sociais do cambio climático, analizou as estratexias que usan os negacionistas para rexeitar o cambio climático. Tamén fixo reflexións sobre o uso das representacións sociais do cambio climático para, sen negar o reto, levalo a un esquecemento.

Entre as xustificacións que uso para chegar a esta conclusión, fixo referencia ao uso da linguaxe da incerteza e do risco, que son propias do ciencia do cambio climático, pero que na linguaxe común, incerteza é sinónimo de non certo, a linguaxe común do risco supón que as decisións deben aprazarse ata que se logre a certeza absoluta.

Fronte a este uso das representacións sociais para negar ou ocultar o reto do cambio climático, destacou a necesidade de xerar respostas educativas que fagan que a cidadanía valore a relevancia do cambio climático (situalo na axenda pública), o faga significativo e perciba la urxencia de actuar (valoración da ameaza)... sen xerar sobre-determinación. Tamén destacou a importancia da conexión significativa da cidadanía co cambio climático para que identifique e asuma responsabilidades nas causas e nas solucións, que non se vexa só como vítima (co-responsabilizar, empoderar, contextualizar).

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino