CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Conferencia de Ángel Carracedo “Xenes e ambiente”

 
Neste vídeo recóllese a conferencia de titulada “Xenes e ambiente” impartida no Congreso 10º aniversario de Climántica por Ángel Carracedo, catedrático de Medicina legal da Universidade de Santiago de Compostela, e director do Centro Nacional del Genotipado, un dos investigadores de maior relevancia internacional no ámbito da Medicina Xenómica.

Na súa intervención abordou a relevancia que tivo o ambiente para seleccionar mutacións do DNA, dende o principio da vida, fai 3.770 millóns de anos. En relación á especie humana destacou a importancia do DNA mitocondrial para establecer a nosa evolución, permitindo saber que aparecemos como especie fai 150.000 anos, e coñecer como nos distribuímos, situando con claridade refuxio glaciar franco atlántico. Destacou como outra das claves para os estudos da variabilidade o complexo MHC dos linfocitos.

En relación a variabilidade xenética da especie humana, destacou ámbitos estratéxicos para o seu estudo como o ADN mitocondrial e o cmplexo MHC dos linfocitos. Sobre o papel do ambiente na variabilidade da nosa especie, explicou a relevancia do ambiente na selección de variedades, segundo o ambiente, entrando no relativo que resulta o concepto de enfermidade, poñendo como exemplo que a anemia falciforme, unha enfermidade no noso entorno debida a unha mutación que afecta á forma dos glóbulos vermellos, nas rexións de malaria, significa unha vantaxe fronte ao protozoo.

Sobre a influencia ambiental de determinadas enfermidades, destacou sobre todo os cancros, e nas que ten maior relevancia os xenes, destacou as enfermidades mentais, situando a esquizofrenia no ámbito das enfermidades autoinmunes e o autismo como unha enfermidade moi xenética, atopándose nun 40% nun xene que falla.

Rematou a súa intervención situándose no ámbito da Epixenética, ao referirse a cómo o ambiente afecta ao DNA. Refiriuse a estudos como é o caso da influencia da diferencia de hábitos en xemelgos idénticos. Tamén se refiriu a investigación epixenéticas con ratos, en concreto nun no que cambios no flora microbiana intestinal induciron cambios fenotípicos relevantes.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino