CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Conferencia de Juan Ignacio Pozo “Barreiras psicolóxicas para o cambio de actitudes ambientais”

 
Juan Ignacio Pozo, catedrático de Psicoloxía Básica da Universidade Autónoma de Madrid e un dos investigadores españois en Psicoloxía da aprendizaxe de maior relevancia internacional, defende que para responder aos retos ambientais en xeral e ao cambio climático en particular non abonda conseguir que as persoas adquiran coñecementos, senón que teñen que cambiar os comportamentos.

Expuso que para conseguir estes cambios convén someter aos alumnos a conflitos que os leven a reflexionar sobre incoherencias e a facer inferencias, aplicando o principio de disonancia cognitiva, segundo o cal non facemos o mesmo o que dicimos.

Apostou por xerar contextos nos que estas accións cambien en contextos de gregarismo, que leve aos individuos a comportarse de acordo coas accións compartidas por grupos, facendo entrar en xogo, o papel das emocións. Fixo esta reflexión coa orientación do principio da psicoloxía da aprendizaxe de que o cambio nas accións conduce a cambios nas persoas.

En conclusión, sostivo que temos que lograr o compromiso das persoas a través de accións que obriguen a explicitar as crenzas, repensarse a si mesmos e a reconstruír a propia identidade; porque só así se conseguirán os cambios globais que demandan as boas prácticas ambientais.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino