CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

O Intercambio Triautonómico en Sálvora

 
Resumo das actividades na Illa de Sálvora na que participaron os alumnos de Canarias, e os alumnos do IES Praia Barraña de Boiro, que organizou as actividades do mércores 19 de abril, da semana da fase do intercambio triautonómico en Galicia.

O itinerario polo Illa estivo guiado por dous técnicos do Parque Nacional Illas Atlánticas. Antes de iniciar a visita, explicaron as características do parque marítimo-terrestre e e as normas que había que respectar nese espazo protexido.

O itinerario iniciouse no camiño que discorría entre bolos de granito xigantescos, toxos, abruñeiros, herba de namorar e unha especie invasora inesperada, a cala. No descanso de fonte de Santa Catalina, os guías relaxaron ao grupo con un relato fantástico sobre a illa, que falaba de pasadizos submarinos que atravesan a Ría.

A ruta rematou na aldea de Sálvora, analizouse a vida na aldea tomandocomo referencia as súas casas abandonadas, as súas eiras de pedra e os seus grandes hórreos.  Unha vez rematado este itinerario, os alumnos tiveron ocasión de darse un baño na Praia do Castelo, ante a mirada pétrea da serea dos Mariño.

O percorrido pola illa rematou coa  senda que conduce ao faro, onde esoitaon a tráxica historia do naufraxio do Santa Isabel, regresamos ao barco. De volta na Pobra do Caramiñal, subiron ao mirador da Curota para ver a Ría de Arousa e tódolos arquipélagos que forman o Parque das Illas Atlánticas.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino