CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Os efectos do cambio climático sobre as zonas litorais, ecosistemas costeiros e portos

 
Este vídeo publicado en Climántica TV recolle a intervención do catedrático de Economía Aplicada Fernando González Laxe no simposio que desenvolveu xunto co Catedrático de Ecoloxía Emilio Fernández. Iniciou a súa intervención no coloquio a partir das alusións que fixo catedrático de Ecoloxía sobre o Cume de Paris sobre cambio climático de decembro de 2015, na que en base á diferenciación entre crecemento e desenvolvemento, sostivo que o cume de Paris quedou lonxe da realidade.

A continuación citou os tres ámbitos nos que pode achegar respostas ao cambio climático a Economía aplicada. Neste campo citou tres grandes liñas de actuación: mitigación, adaptación e a estimulación de novos sistemas de produción, distribución e consumo. Sobre esta terceira liña expuxo que era desexable pero que na actualidade non estaba presente.

Neste sentido apunto a relevancia das achegas do Informe Stern (2007), quen postulou que os efectos do cambio climático ten efectos perversos para as generacones seguintes, de tal forma que se non actuamos os efectos do cambio climático supoñerían unha incidencia económica peor que se non actuamos. Stern introduce así de cheo o cambio climático na Economía aplicada, defendendo que debemos actuar xa para que os efectos non sexan peores.

Esta formulación leva á combinación na Economía aplicada de principios económicos con principios éticos. Desde entón a ética pasa a ser cada vez máis importante, tanto nas investigacións como para xerar novos comportamentos no consumo e comportamento económico dos cidadáns nos grandes sectores económicos implicados: agropecuario, pesqueiro acuícola, marítimo portuario, recursos hídricos, chan, biodiversidade, implicacións económicas dos eventos extremos, dos desastres naturais e dos efectos da saúde.

Á hora de delimitar o seu ámbito de análise, situou os dous grandes ámbitos que distinguen os economistas: o que coñece o Economista, e por tanto non está no seu ámbito directo de estudo (o que denominan impactos biofísicos) e aquilo que coñecen, ou consideran que poden chegar a medir e estudar cos métodos propios da Economía.

Neste ámbito propio de análise económica do cambio climático, centrouse no obxecto concreto deste simposio vinculado aos impactos expostos na intervención anterior por Emilio Fernández, para a temática económica que lle tocaba defender. Centrouse principalmente nos efectos da subida do nivel do mar e do aumento da súa temperatura, apuntados na intervención anterior. Na súa argumentación seguindo esta liña, referiuse para os efectos económicos sobre as infraestruturas costeiras.

Sobre as implicacións do aumento de temperatura sobre as especies oceánicas, sacou conclusións desde o ámbito da súa cátedra relativas ás implicacións económicas sobre a acuicultura, apuntando a posibilidade de que as tendencias actuais acaben obrigando a deixar en Galicia os cultivos de salmón e rodaballo, para centrarnos noutros que agora teñen o seu ámbito en augas situadas máis ao Sur, como a robaliza e a dourada.

Defendeu que as respostas da Economía ao cambio climático vanse centrar sobre todo en estratexias de adaptación como asumir custos, reducir perdas ao mínimo, compartir perdas, proceder a cambio de actividades e de lugar do desenvolvemento das mesmas. Tendo sempre presente que a tendencia da globalización vai ser que haxa máis comercio, novos produtos e unha maior liberalización (diminución dos obstáculos comerciais) nun mundo con importantes economías emerxentes: está previsto que dentro de 5 anos a Economía de China supere á de EEUU e que no 2040 prevese que a India sexa a primeira economía do mundo. En base a todo iso xustificou a tendencia actual de maritimización do comercio, ata o punto de que o 90% do comercio efectúase por vía marítima.

Nese sentido centrou a súa achega principal ao simposio na relevancia que na actualidade ten o transporte de mercadorías a través do océano e as oportunidades que esta tendencia representa para responder o cambio climático, un sector que quedou excluído dos acordos de París porque emite pouco: un 2,7% do total das emisións.

A promoción deste tipo de tráfico de mercadorías prodúcese espontánea na sociedade global coa maior produción en Ásia, onde están 8 dos 10 grandes portos, porque alí están os grandes centros de produción e distribución desta economía global. Por tanto hai que centrar a atención para que ese fenómeno sexa acorde coas respostas ao cambio climático.

Entre as principais conclusións que achegou nesta liña de acomodar este tráfico ás respostas que se demandan da Economía para facer fronte ao cambio climático destacou as seguintes:
  1. Tendencia ao transporte en grandes barcos colectores, que cada vez serán máis grandes (a tendencia actual está a ser que cada barco leve máis de 18.000 colectores).
  2. Os portos deberán ser de moito calado e deben potenciarse aqueles que non superen determinados límites como que os ventos so superen os 20 nós (10 m/s), correntes de non máis de 1 nó (0,5 m/s) e ondas de non máis de 3 m.
  3. Os barcos deberán cambiar o seu combustible cara ao gas natural licuado, con menos emisións. Os portos deben prepararse para recibir o gas natural licuado e débese fomentar o cambio dos vellos buques con moitas emisións por novos buques que funcionen co gas natural como combustible.
  4. A apertura das vías que paradoxalmente leste xerando o cambio climático co desxeo do polo norte, unha por Rusia e outra por Canadá, que vai reducir as rutas actuais que ven obrigadas a buscar tres pasos xeograficamente localizados: Panamá, Suez e Malaca.
Desta forma o catedrático de Economía Aplicada González Laxe pechou o interesante o ámbito de coñecemento que abriu na intervención o catedrático de Ecoloxía Suárez Fernández, deixando así un dos eventos de coñecemento máis relevantes que Climántica xerou no ano 2016.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino