CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Último día do intercambio: Simposio de expertos sobre cambio climático e simposios xuvenís

 
O último día do intercambio, luns 4 de abril clausurouse o intercambio no coliseo Noela de Noia, mediante un acto académico que coordinou o IES Virxe do Mar no marco da súa semana cultural. Este acto foi inaugurado polo alcalde D. Santiago Freire e no desenvolvéronse tres simposios.



O simposio de expertos sobre cambio climático foi desenvolto por dous catedráticos universitarios de recoñecido prestixio. Os outros dous foron simposios xuvenís, un defendido por alumnos galegos e o outro por alumnos de Canarias.

O simposio de expertos universitarios titulado “Impactos do cambio climático e a súa mitigación en Galicia e Canarias”. Este simposio foi impartido polo catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, Fernando González Laxe, ex - presidente da Xunta de Galicia e de Portos do Estado, e o catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, e director do campus de excelencia internacional galego portugués, Campus do Mar, Emilio Fernández.



Interviu en primeiro lugar Emilio Fernández co tema Impactos do cambio climático, e abordou os impactos do cambio climático, desde o punto de vista dos ecosistemas, pero tamén da Ecoloxía urbana, para finalizar con análise crítica da COP21 que deu pé á introdución da Economía Aplicada.



A intervención de Fernando González Laxe titulouse Os efectos do Cambio climático sobre as zonas litorais, os ecosistemas costeiros e os portos: exemplos de Galicia e Canarias. Nesta intervención destacou os datos que se deben ter en conta para mitigar e adaptarse ao cambio climático desde eses ámbitos.



A continuación procedeuse ao simposio sobre “Coñecementos, vivencias e emocións dos estudantes galegos na estancia en Canarias”, que foi exposto por 5 alumnos galegos, representando cada un a un instituto galego. Cada instituto tivo un representante - portavoz na mesa, que se encargou de expoñer as actividades en Canarias cada un dos 5 días. O IES Poeta Añón de Outes expuxo as actividades do primeiro día (ITER e Montaña Vermella), o IES Praia Barraña de Boiro encargouse das actividades relativas para os efectos do cambio climático na fenología das especies do Parque Nacional do Teide, o IES Rosalía de Castro de Santiago responsabilizouse da comunicación sobre as actividades de mergullo no marco do proxecto Océano Sostenble, o CPI Dous Dis de Rois comunicou as actividades no centro de investigación meteorólogico de Izaña, e as actividades do cuarto día en Icod e Garachico. Por último, o IES Virxe de Noia expuxo as conferencias de cambio climático, contaminación por aerosois e vulcanología, así como a presentación de proxectos escolares no último día do intercambio.



O outro foi desenvolvido por 5 alumnos canarios e titulouse “Vulcanismo e medio ambiente en Canarias”. Tamén interviñeron 5 alumnos de Canarias. Iniciou a intervención Galilea co tema Historia vulcanológica de Canarias. A continuación Gabriel expuxo o tema O volcán Teide. A seguinte en intervir foi a de Wen co tema Volcán do Hierro, Daniel abordou o tema de Risco Volcánico e Ismael Vulcanismo, turismo e ambiente.



O acto pechouse cun festival musical nos que os alumnos dos seis centros educativos interpretaron cancións en representación dos seus centros. Por último celebrouse a comida festa de despedida. Unha vez finalizada a comida o ciclo formativo de DJ, Música e Vídeo do IES Virxe do Mar amenizou un baile de despedida. Ás 15 horas todos os alumnos do intercambio saíron cara ao aeroporto, onde os estudantes das dúas comunidades autónomas tiveron unha despedida moi emocionando, expresando o seu desexo de que fose un ata logo.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino