CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Terceiro día do intercambio: Sotavento e Santiago

 
Os alumnos do colexio Decroly de La Lagoa de Tenerife e os seus dous docentes, acompañados por dous profesores e os alumnos de 4º ESO D do IES Rosalía de Castro, acompañados tamén por dous profesores, desprazáronse pola mañá ata o Parque experimental eólico Sotavento.



Unha vez no Sotavento levaron cabo, ao longo da mañá tres actividades:

a) Charla a nivel divulgativo sobre os problemas ambientais derivados do uso irresponsable dos recursos enerxéticos, tratando de concienciar sobre o aforro enerxético.



b) Visita a unha vivenda bioclimática demostrativa, onde se trataron entre outros deseño e localización tendo en conta factores climatolóxicos como a radiación solar, precipitacións, temperaturas e outros como materiais naturais da contorna. En base á súa análise, fundamentáronse os seus principais obxectivos: a sustentabilidade e a eficiencia enerxética.

c) Visita á torre dun aeroxerador para estudar como se transforma a enerxía eólica en eléctrica. Complementouse esta visita co estudo dunha góndola, as pas e toda a parte electro-mecánica que fai que esta transformación sexa posible.
Ás 14:15 finalizaba a visita con tempo libre para xantar. Ás 15:00 comezou a viaxe de regreso a Santiago onde ás 17:00 fíxose unha visita guiada aos tellados da catedral.



Alí durante unha hora os alumnos acompañados dos respectivos profesores e divididos en dous grupos gozaron dunhas vistas privilexiadas da cidade, e ademais grazas ás guías que acompañaron a visita fixeron tamén un pequeno paseo a través da historia da catedral vista desde arriba.



A última actividade da xornada foi a visita guiada polos alumnos e a profesora Esther do ciclo de guías do centro coordinador das actividades da terceira xornada, IES Rosalía de Castro. Durante este itinerario urbano percorréronse as principais prazas que rodean a catedral facendo especial énfase nolos seus elementos máis emblemáticos e finalizando no paseo central da Alameda.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino