Publicado o
    25 05 2009 as 24:00
    || Categoría 
    
                    Formación Profesorado
          
  
 
  
Os 25 mestres que van a desenvolver as primeiras experiencias piloto de Climántica en Primaria, unha vez que remataron a formación das 5 xornadas presenciais -18 e 25 de abril e 9, 16 e 23 de maio -, inician a fase práctica nas súas aulas. Para desenvolver as súas propostas piloto, terán en conta as actividades de 
Aprendemos coas Escolas Climánticas que se poden descargar en pdf desde o apartado 
Biblioteca, e que tamén se poden desenvolver de xeito interactivo desde o apartado de 
Primaria. Tamén aplicarán o 
videoxogo para que os estudantes tomen decisións de ordenación do territorio e xestión enerxética nos tres territorios do apartado Videoxogo,  tendo presentes a simulación das previsións de cambio  climático na primeira metade do século XXI. O sábado 6 de xuño poranse en común estas experiencias piloto.
  
  
  
 
  
         
        
  
Enviado por 1/25 mestra piloto 10 06 2009 as 20:05