CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Xa se pode ver en ClimánticaTV o último documental do seminario impartido por Emilio Pedrinaci

 


Neste terceiro documental publicado en ClimánticaTV pode verse a parte final do seminario. Nel tratou a importancia da argumentación no estudo do riscos.

Destacou a importancia que poden ter as películas no desenvolvemento da capacidade de argumentación para a comprensión dos riscos. Esto exemplificouno coa estratexia “O cine de catástrofes catástrofes de cine” proposta por tres profesores das universidades de Alacante e Xirona: Pedro Alfaro, David Brusi e Marta González. Estes profesores exemplificaron esta estratexia co uso de dúas películas sobre os riscos de erupcións. As dúas películas contrastan no rigor científico. Sobre a primeira, “Volcano”, propuxo aproveitar o seu baixo rigor científico para argumentar sobre os erros.
 
Na segunda, “Un pobo chamado Dante´s Peak”, inspirada na erupción do Monte Santa Helena, o rigor era alto, aínda que contiña algúns erros, case todos por esaxeración. Sobre esta película de acción atractiva para os estudantes, o Servicio Xeolóxico de EEUU propuxo unha serie de cuestións, unhas verdadeiras, e outras falsas, como a cuestión relativa ao paso dun coche por encima da lava. Sobre este listado, que valorou como moi grande, propuxo facer paquetes e repartilos por pequenos grupos de clase para que argumenten sobre eles.

En definitiva, un documental que recolle unha metodoloxía moi axeitada para desenvolver estratexias de argumentación sobre riscos a partires de recursos tan motivadores para os estudantes como as películas do cine; coa utilidade engadida de deixar os fragmentos seleccionados das películas no apartado de recursos e a serie de cuestións para que se fixen e argumenten.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino