CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Xa se pode ver en ClimánticaTV o segundo documental do seminario impartido por Emilio Pedrinaci

 


Neste segundo documental, que xa se pode ver en ClimánticaTV, continua a explicación de como aplicar a teoría de Tectónica de Placas permite explicar a regularidade dos volcáns e terremotos. Aproveita interesantes animación e modelos gráficos, que están a disposición no apartado de recursos, para facer a explicación dos movementos en bordes converxentes, diverxentes e transformantes e a súa relación coa formación de terremotos e volcáns.

Explicou tamén a formación de terremotos en zonas que non son bordes converxentes, diverxentes e transformantes, como foron os terremotos de Lugo do ano 1997. Sobre esta explicación aproveitou para establecer que non hai ningún lugar sen risco de terremos. Dixo que podemos facer previsións onde vai haber volcáns e sobre a magnitude máxima que poden ter os terremotos, facendo valoracións de históricos e coñecendo a lonxitude das fallas. Con estes datos, sinalou que na península Ibérica non hai fallas continuas activas de 30 km polo que podemos asegurar que non pode superar a magnitude 7, o que por outro lado constatan os históricos.

Para seguir abordando este tipo de riscos sísmico, comentou un informativo de Telecinco sobre un terremoto que afectou a Andalucía, destacando a importancia de usar este tipo de recursos e metodoloxía nas clases. Comentou diversos erros importantes atopados, destacando a superficialidade e nivel anecdótico co que tratan os medios de comunicación este tipo de informacións de riscos naturais e o importante que é espertar unha mirada crítica dos estudantes sobre este tipo de temas.

Un dos erros importantes que destacou, foi a extensión xeográfica dun posible tsunami. Sen embargo quixo poñer de manifesto que un tsunami pode afectar a Andalucía e incluso a Galicia, onde se notaron xa os efectos do de Lisboa no século XVIII. Sobre este risco natural, puxo pequenos documentais sobre o de Indonesia en 2004 que supuxo máis de 280.000 víctimas. Aquí fixo referencia aos datos que permitiron identificar a chegada dese tsunami e das medidas de protección que a partir deles se puideron adoptar. Despois de facer referencia as posibilidades que lle darían as víctimas a formación sobre estes riscos naturais, comunicou tamén o económico que resulta a tecnoloxía que permite detectalos, informando de que aínda non dispoñemos dela, a pesares de ser barata.

Outro tema que tratou, foi o aumento da poboación da Terra. Sobre esta problemática, apuntou as oportunidades de debates estimuladores do pensamento sobre a sostibilidade que aporta.

En definitiva, o documental recolle unhas intervencións moi didácticas para valorar a importancia que ten a educación para facer fronte aos riscos naturais.

Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  
Bajo el patrocinio de la UNESCO

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino