

O proxecto Climántica estará presente no IV SEMINARIO SOBRE COMUNICACIÓN, EDUCACIÓN E PARTICIPACIÓN FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO que se celebrará en Córdoba, 24-25 de maio de 2007 organizado pola Oficina Española de Cambio Climático (OECC) e o Centro Nacional de Ecuación Ambiental (CENEAM - Ministerio de Medio Ambiente) e a Secretaría General de Sostenibilidad da Consejería de Medio Ambiente da Junta de Andalucía.
O proxecto “Climántica” da Xunta de Galicia, de acordo co programa, será presentado polo director do mesmo Francisco Sóñora Luna o xoves 24 de maio de 11:45 a 12:15 horas e despois da presentación da Estratexia Andaluza ante o cambio Climático e da Estratexia de participación para o plan de Acción de adaptación e mitigación en Catalunya, haberá un debate de 45 minutos sobre o contido das tres intervencións.
Pode consultar o programa nesta ligazón.
Unha Galicia co medio ambiente tan organizado no século XXII, ¿estaría afectada polo cambio climático se os demáis países non tiveron a mesma preocupación ao longo do século XXI?
“Cada ano a concentración de CO2 na atmosfera aumenta cerca de 2 ppm e non sabemos con certeza onde se atopa a cifra fatídica, a partires da cal os esforzos chegan demasiado tarde (¿400, 450, 500 ppm?). O que parece evidente e canto máis tardemos en reaccionar máis difícil e custoso será evitar que o clima cambie de forma perigosa”
Francisco Heras
Coordinador da Área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental
9 de marzo de 2007 Primeiro Curso Climántica
Conferencia-coloquio por Don Francisco Heras, Coordinador da Área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental, no primeiro curso Climántica.
Pode consultar o contido desta presentación nesta ligazón.
72 profesores ampliaron coñecementos sobre cambio climático:

A tarde do venres 9 de marzo estivo dedicada a aspectos educativos relacionados co cambio climático. Abriu o curso Francisco Sóñora Luna, director do proxecto, quen informou aos asistentes sobre os diferentes aspectos do proxecto Climántica. Os aspectos relativos á sensibilización e participación para facer fronte ao cambio climático abordounos Francisco Heras, responsable de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. As posibilidades da prensa como recurso expúxoas Mª Pilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC.
Na mañá do sábado 10 de marzo abordáronse os aspectos científicos que ampliaron os conceptos básicos que forman parte da primeira unidade didáctica do proxecto. Os conceptos relativos aos ecosistemas terrestres presentounos Francisco Díaz - Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química agrícola da USC e asesor científico do proxecto. Os conceptos relativos ao medio mariño tratounos Xosé Antonio Álvarez Salgado, investigador científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Antes da comida do curso, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez, situou o proxecto Climántica dentro do Plan da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para facer fronte ao cambio climático.
A sesión da tarde do sábado dedicouse a presentar un exemplo de unidade multimedia e a valorar aspectos didácticos relacionados coa primeira unidade
Máis fotos do curso.
O primeiro curso Climántica de formación do profesorado celebrarase no hotel NH OBRADOIRO, en Santiago de Compostela, sito na Avenida Burgo das Nacions s/n, 15705 - Santiado de Compostela, fronte ao Auditorio de Galicia, nas datas e horas expostas en Didáctica.
![]()
Máis información no apartado de Didáctica