Publicado o
    30 07 2010 as 24:00
    || Categoría 
    
                    Actividades
          
  
 
  

Xa se pode ver en 
Climántica TV o 
vídeo resumo do 
III Congreso CLMNTK dos estudantes de 
Climántica que se celebrou en Pontevedra o 19 de xuño de 2010 e
 ao que presentaron traballos 652 estudantes de Primaria, ESO, 
Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Estes traballos poden
 descargarse dende o subapartado 
Revista do apartado 
Biblioteca e os curtos premiados poden 
proxectarse dende o apartado de 
Alumnos. Os descansos das presentacións de 
traballos foron aproveitados para a representación de divertidos 
espectáculos de humor, maxia e música con mensaxes de sensibilización 
ambiental. O último traballo presentado foi a experiencia dos tres 
estudantes galegos seleccionados a través do concurso 
Camiño a Brasilia para formar parte da 
delegación de España na I Conferencia internacional infanto – xuvenil 
dos países da ONU 
Vamos a coidar
 do Planeta que se celebrou en Brasilia do 5 ao 10 de xuño de 
2010. O congreso pechouse co xa tradicional espectáculo de 
Climantopía que cada ano nos sorprende con 
novos guións e actuacións.