Xornada Formativa sobre o libro para ESO "Clima, eu cambio"

 

Presentación


O acto tivo lugar no hotel Porta do Camiño de Santiago, onde tras unha sesión formativa para docentes e un coloquio, o director do proxecto, Francisco Sóñora, presentou o material multidisciplinar, que consta del libro “Climaeucambio” e a súa guía didáctica para profesores. O director de MeteoGalicia, Vicente Pérez situou a proposta de Meteo Escolas en relación á iniciativa ClimánticaMeteo e o responsable da área Clima de MeteoGalicia, Santiago Salsón explicou a navegación web de Meteo Escolas. O marco completo da competencia dixital presentouno a coordinadora desta materia no Equipo Climántica, Susana Vázquez.

O evento finalizou coa presentación oficial do libro na que estiveron presentes a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez e a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño.


Climántica nas Xornadas de Ciencia Ensino

 

Comunicación



O día 14 de setembro comunicouse o proxecto Climántica no auditorio do Conservatorio de Santiago de Compostela dentro das Xornadas de Ciencia Ensino que se organizaron co motivo do Ano da Ciencia. A esta comunicación asistiron un número de docentes superior aos 200.


Dificultades na sensibilización fronte ao cambio climático

 
presentación


Conferencia-coloquio por Don Francisco Heras, Coordinador da Área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental, no primeiro curso Climántica.

Pode consultar o contido desta presentación nesta ligazón.


Primeiro curso Climántica: Un éxito de participación

 

72 profesores ampliaron coñecementos sobre cambio climático:


presentación


A tarde do venres 9 de marzo estivo dedicada a aspectos educativos relacionados co cambio climático. Abriu o curso Francisco Sóñora Luna, director do proxecto, quen informou aos asistentes sobre os diferentes aspectos do proxecto Climántica. Os aspectos relativos á sensibilización e participación para facer fronte ao cambio climático abordounos Francisco Heras, responsable de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente. As posibilidades da prensa como recurso expúxoas Mª Pilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC.


Na mañá do sábado 10 de marzo abordáronse os aspectos científicos que ampliaron os conceptos básicos que forman parte da primeira unidade didáctica do proxecto. Os conceptos relativos aos ecosistemas terrestres presentounos Francisco Díaz - Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química agrícola da USC e asesor científico do proxecto. Os conceptos relativos ao medio mariño tratounos Xosé Antonio Álvarez Salgado, investigador científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Antes da comida do curso, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez, situou o proxecto Climántica dentro do Plan da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para facer fronte ao cambio climático.


A sesión da tarde do sábado dedicouse a presentar un exemplo de unidade multimedia e a valorar aspectos didácticos relacionados coa primeira unidade


Máis fotos do curso.


Primeiro curso Climántica os días 9 e 10 de marzo

 

Primeiro curso Climántica

DURACIÓN: 10 horas presenciais

DATAS: Venres 9 de marzo pola tarde e sábado 10 de marzo pola mañá do mes de marzo


O primeiro curso Climántica de formación do profesorado celebrarase no hotel NH OBRADOIRO, en Santiago de Compostela, sito na Avenida Burgo das Nacions s/n, 15705 - Santiado de Compostela, fronte ao Auditorio de Galicia.


Venres 9 de marzo.
16:30 - 17:00 Presentación e recollida de documentación
17:00 - 18:00 Presentación do proxecto Climántica da Dirección Xeral de Desenvolvemento sostible da Consellería de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Francisco Sóñora Luna, profesor de Bioloxía e Xeoloxía e director do proxecto.
18:00 - 19:30 Conferencia-coloquio: “Dificultades na sensibilización fronte ao cambio climático” Francisco Heras. Coordinador da Área de Educación do Centro Nacional de Educación Ambiental.
19:30 - 19:45 Pausa - café.
19:45 - 21:15 Conferencia-coloquio: “Conceptualizacións sobre cambio climático nos medios de comunicación”. Marilar Jiménez Aleixandre. Catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais da USC.
Cea

Sábado 10 de marzo.
9:00 - 10:45 Conferencia-coloquio: “Conceptos esenciais sobre o cambio climático relativos aos ecosistemas terrestres”. Francisco Díaz-Fierros. Catedrático de Edafoloxía da USC e asesor científico do proxecto
10:45 - 11:00 Pausa - café.
11:00 - 12:45 “Conceptos esenciais sobre o cambio climático relativos aos ecosistemas mariños”. Xosé Antonio Álvarez Salgado. Investigador científico do CSIC.
12:45 - 13:45 “Cambio climático e Educación Ambiental na Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible” Emilio Fernández Suárez, Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
Comida
16:00-17:30 Obradoiros sobre a unidade didáctica “Cambia o clima?”

A unidade na web.

Valoracións da utilidade dos apartados, contidos, actividades e recursos didácticos para as diferentes áreas, materias e módulos do ensino secundario e propostas transversais.

Valoracións das conceptualizacións gráficas. Francisco Sóñora Luna, autor da unidade.


Primeiro curso de formación do profesorado do proxecto de educación ambiental “climántica”


Presentación da unidade didáctica 1: cambia o clima?


Reseña do proxecto


Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino